Información sobre países de adopción

Xunta Galicia

BURKINA FASO BURKINA FASO

Tipo de adopción: Plena

Requisitos:

  • Estado civil: casado/a
  • Idade (Solteiro e parella): 30, <55
  • Anos de convivencia: 5
  • Permite a adopción se se teñen fillos biolóxicos: Si
  • Permite a adopción se se teñen fillos adoptivos: Si

Esíxense 5 anos de matrimonio.
Teñen prioridade as parellas con mais de 5 anos de matrimonio e sen fillos.
No caso de ter fillos, só poderán adoptar, se só teñen un, e o adoptado deberá ser mais novo.
Un dos cónxuxes terá 30 anos cumpridos e non mais de 55.
No caso de menores con necesidades especiais, estes requisitos son mais flexibles.

Características dos nenos:

  • Menores declarados abandonados polo tribunal civil, que os seus pais consentiran a adopción, de filiación descoñecida ou orfos. Se un dos pais faleceu ou está incapacitado para manifestar a súa vontade ou privado da súa autoridade parental é suficiente o consentimento do outro proxenitor.
  • A diferenza de idade entre a persoa que se ofrece para a adopción e o adoptado debe ser de, polo menos, 15 anos.
  • Os maiores de 15 anos deberán dar o seu consentimento á adopción.
  • Os proxenitores poden revogar o consentimento dentro dos 3 meses seguintes á data no que foi outorgado.

Forma de tramitación:

Poderá tramitar a súa adopción:

  • A través do Organizacións Acreditadas para Adopción Internacional(OAAI).

Documentación necesaria:

  • 2 solicitudes expoñendo as motivacións (unha dirixida ao Ministerio da Muller, a Solidariedade Nacional e a Familia e outra ao Presidente do Tribunal de Primeira Instancia de Ouagadougou).
  • Certificado de nacemento das persoas que se ofrecen para a adopción e o seu fillo, no seu caso.
  • Copia compulsada do pasaporte.
  • Certificado de matrimonio, e no seu caso, sentencia de divorcio ou certificado de defunción anteriores.
  • Certificado médico.
  • Certificado de esterilidade, no seu caso.
  • Certificado de penais.
  • Certificado negativo de delitos sexuais.
  • Certificación do domicilio.
  • Certificado de emprego e ingresos.
  • Certificado de idoneidade.
  • Informe psicosocial.
  • Compromiso de seguimento.
  • Deben presentarse 2 copias e estar traducidos ao francés, legalizados e autenticados.
  • A maiores, deberá aportarse a documentación esixida en Galicia.

Organismo público competente:

Ministerio da Muller, da Solidariedade Nacional e a Familia- (Ministère de la Femme, de la Solidarité Nacional et de la Famille).

Informes de seguimento:

  • Un informe anual os primeiros 2 anos.
  • Posteriormente, un cada 3 anos ata a maióría de idade.

Lexislación:

  • Convenio relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional, feito na Haia o 29 de maio de 1993.
  • Código das persoas e da familia, 1990.
  • Decreto de 18 de maio de 1990, relativo á asignación e seguimento dos menores.
  • Decreto nº 2010-618, que crea a Autoridade Central encargada en materia de adopción e dos aspectos civís da subtracción internacional de menores.
  • Orde nº 2013-229, sobre procedementos de adopción nacional e internacional.

Data de actualización:

A información do país foi actualizada o 26/10/2017.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a