Información sobre países de adopción

Xunta Galicia

BULGARIA BULGARIA

Tipo de adopción: Simple e Plena

A adopción en Bulgaria é plena ou simple. Será plena en caso de pais descoñecidos, cando os pais dean o seu consentimento para adopción plena; o/a menor deberá estar inscrito/a nun rexistro de menores adoptables plenamente. A adopción plena é revocable por incumprimentos moi graves e debe ser solicitada polo Ministerio de Xustiza. Conserva a nacionalidade búlgara.

Requisitos:

  • Estado civil: casado/a, solteiro/a, divorciado/a, viúvo/a
  • Idade (Solteiro e parella): 25
  • Monoparentais: Muller

Non se admiten parellas de feito nin parellas do mesmo sexo.

Deberase estar inscrito/a nun rexistro especial do Ministerio de Xustiza no cal se rexistran as persoas que se ofrecen para a adopción residentes no estranxeiro que están dispostas a adoptar plenamente un/unha neno/a habitualmente residente en Bulgaria.

O trámite dos expedientes de ofrecemento de adopción deberá realizarse, en todo caso, a través de entidades búlgaras previamente autorizadas polo Ministerio de Xustiza de Bulgaria.

Características dos nenos:

  • Menores de 1-18 anos, inscritos/as nun rexistro especial do Ministerio de Xustiza para poder ser adoptados/as por persoas estranxeiras, unha vez que se extinguiron as posibilidades de adopción nacional.
  • O Ministerio de Xustiza búlgaro da prioridade aos nenos e nenas con necesidades especiais ou maiores de 3 anos. Estes expedientes, tramítanse con preferencia. Non obstante, o número de menores de 3 anos propostos para adopción internacional está a crecer, segundo información de marzo de 2011.
  • Os/as xemelgos/as han de ser adoptados/as conxuntamente, agás que leven máis de 6 meses inscritos/as no correspondente rexistro e non puidesen ser adoptados nese tempo e se garanta o seu mellor interese.
  • Os grupos de irmáns/irmás han de ser adoptados conxuntamente se existen vínculos afectivos entre eles.
  • A diferenza de idade entre a persoa que se ofrece para adopción e o/a adoptado/a debe ser de, polo menos, 15 anos (agás en caso de adopción do/a fillo/a do cónxuxe). En caso de matrimonios, abonda con que un dos cónxuxes cumpra este requisito.
  • Os/as nenos/as deben dar o seu consentimento para a adopción a partir dos 14 anos. Entre os 10 e os 14 anos deben ser oídos.
  • Se se aceptan menores a partir de 7 anos ou con patoloxías ou condicións especiais de saúde recuperables, o tempo de espera podería reducirse.
  • Predomina o número de neno/a/s maiores e/ou con especificidades no seu estado de saúde e desenvolvemento e/ou grupos de irmán/n/s maiores (3, 4 e mais neno/a/s)

Forma de tramitación:

Poderá tramitar a súa adopción:

  • A través do Ministerio de Asuntos Sociais e Axenda 2030 (Protocolo Público).
  • A través do Organizacións Acreditadas para Adopción Internacional(OAAI).
Asociación de Apoyo para la Adopción Internacional MIMO
Avenida de Arteixo, 2, 2º dta.
A Coruña (15004)
Teléfono: 881 963 996
Fax: 881 963 996

Documentación necesaria:

  • Solicitude de adopción dirixida ao Ministro de Xustiza búlgaro, incluíndo unha breve presentación das persoas que se ofrecen para adopción (datos persoais, nacionalidade e cidadanía, n.º de DNI, data e lugar de nacemento, residencia actual e dirección actual e permanente), breve historia familiar, información sobre o status económico e social, información sobre a Autoridade Central ou organismo acreditado que actúa en representación da/s persoa/s que se ofrece/n para adopción no estado de residencia e organismo acreditado en Bulgaria (incluíndo información sobre as persoas de contacto e dirección, número de teléfono, representación e disposicións da autorización expedida polo organismo acreditado), perfil do menor que se desexa adoptar en concordancia co certificado de idoneidade, motivos da adopción, calquera outra circunstancia que se considere importante, e data e sinatura da/s persoa/s que se ofrece/n para a adopción.
  • Certificado de matrimonio, divorcio ou falecemento, se é o caso.
  • Certificado médico sobre a saúde física e psíquica de cada persoa que se ofrece para adopción, así como sobre a ausencia de graves enfermidades crónicas, contaxiosas e venéreas, SIDA, tuberculose, etc. emitido con unha anterioridade máxima de 1 ano á entrega do ofrecemento.
  • Certificado de penais.
  • Certificado negativo de delitos sexuais.
  • Certificado acreditativo de non ter sido privado/s da patria potestade.
  • Certificado de idoneidade.
  • Documento emitido polo organismo competente do estado de recepción que certifique que a sentencia de adopción do Tribunal búlgaro vai ser recoñecida no estado de residencia habitual da persoa que se ofrece para a adopción.
  • Copia dos documentos identificativos ou pasaportes das persoas que se ofrecen para a adopción.
  • Copia do certificado de nacemento dos futuros pais e fillos, si conviven con eles.
  • Certificado de situación económica da familia.
  • Xustificante de pago das taxas correspondentes.
  • Informes psico-sociais, incluíndo información relativa tanto á saúde física como mental da/s persoa/s que se ofrece/n para a adopción e os/as integrantes da familia e estatus social e económico. Se foron expedidos hai mais de un ano, deberá presentarse un informe actualizado ou unha certificación de que as circunstancias non cambiaron.
  • Cando se tramite a través de OAAI: contrato co organismo e poder emitido pola/s persoa/s que se ofrece/n para a adopción para a mediación no procedemento de adopción.
  • Compromiso de seguimento.
  • (Todos os documentos deben ser orixinais, traducidos ao búlgaro). O Regulamento UE 2016/1191 do Parlamento Europeo, extingue a obrigatoriedade de apostilar os documentos públicos presentados noutro país membro da Unión Europea.
  • A maiores, deberá aportarse a documentación esixida en Galicia.

Organismo público competente:

Ministerio de Xustiza- Departamento de Protección Xurídica Internacional do Neno e Adopcións Internacionais.

Embaixada en España:

Embajada de Bulgaria en España
Travesía de Santa María Magdalena, 15 - 28016 MADRID
Teléfono: 913455761 / 913456651     Fax: 913591201

Estancia esixida no país:

  • A estancia mínima aproximada no país é de 5 días mínimo, de período de proba. E, tras a sentenza, un novo viaxe para ir recoller o/a fillo/a e pasar alá, polo menos, 1 semana.

Informes de seguimento:

  • 1 informe semestral durante 2 anos (orixinais, traducidos ao búlgaro e apostilados). Todos deberán ir acompañados de fotos do/a neno/a.

Lexislación:

  • Convenio relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional, feito na Haia o 29 de maio de 1993.
  • Convenio suprimindo a esixencia da legalización dos documentos públicos estranxeiros, feito na Haia o 5 de outubro de 1961.
  • Lei para a Protección do Menor, publicada o 13 de xuño de 2000, e o seu Regulamento.
  • Código da Familia, aprobado o 27 de marzo de 2008, publicado o 23 de xuño de 2009 (entrada en vigor o 01/10/2009).
  • Código de Dereito Internacional Privado, publicado o 17 de maio de 2005.
  • Guía metodolóxica de xuño de 2013, sobre a cooperación e a coordinación na realización dos procedementos de adopción no país e no estranxeiro, de menores acomodados en familias de acollida, servizos sociais de tipo residencial e outras institucións especializadas.
  • Ordenanza nº 2 de 24 de outubro de 2014 relativa ás condicións e á orde para a expedición e retirada do permiso de mediación en adopción internacional, e a realización e cancelación das actividades dos organismos acreditados.
  • Ordenanza nº 3 de 24 de outubre de 2014 relativa ás condicións e á orde de organización dos rexistros de adopción internacional e o consentimento do Ministro de Xustiza.
  • Regulamento relativo á actividade do Consello de Adopción Internacional do Ministerio de Xustiza, publicado o 4 de novembro de 2014.

Data de actualización:

A información do país foi actualizada o 29/04/2022.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a