![]() |
![]() |
A decisión de adopción tómase a través dun acordo por escrito coa persoa que entrega ao neno para a adopción, inscrición no rexistro civil e escritura pública ante notario. A adopción é revogable no caso de que os adoptantes incumprisen os seus deberes co adoptado/a. Non obstante, segundo a interpretación dada polas autoridades chinesas e a Dirección Xeral de Rexistro de Notariado de España, esta adopción é inscribible como plena no Rexistro Civil Central español unha vez o/a menor saíse de China.
2 anos de matrimonio (5 en caso de matrimonios anteriores).
Acéptanse 2ª s adopcións de menores chineses pasado 1 ano da primeira adopción.
Adopción de menores con necesidades especiais: idade máxima das persoas que se ofrecen para a adopción, 55 anos. No caso de que o membro mais novo da parella sexa maior de 50 anos, a diferencia entre éste e o adoptando non debe ser mais de 50 anos. No caso das familias monoparentais, a diferencia co adoptando non debe ser mais de 45 anos.
Polo menos unha das persoas que se ofrecen para a adopción deberá ter traballo e ingresos estables.
Ingresos anuais por traballo: mínimo 10.000 dólares por cada membro da unidade familiar contando o futuro adoptado. No caso de familias monoparentais, o número de membros debe ser un mais que o número real de membros da familia despois de ter adoptado ao menor.
Bens e propiedades: mínimo de 80.000 dólares. No caso de familias monoparentais, o patrimonio neto debe ser de 100.000 dólares.
Non se contabilizan fondos de axuda, pensións, beneficios por incapacidade, subsidio de crianza etc. Para as familias en que a renta per cápita e o patrimonio neto non cumpran cos requisitos anteriores, pero estean por enriba do nivel de vida medio local, a limitación poderá atenuarse se é posible presentar unha certificación válida.
Nivel de estudos mínimo: bacharelato superior, formación técnica ou profesional equivalente.
Os adoptantes deben estar sans física e psíquicamente, sen padecer ningunha das seguintes enfermidades:
1. discapacidade intelectual,
2. VIH positivo ou outra enfermidade infecciosa en período activo,
3. esquizofrenia,
4. trastorno mental como: manía, ansiedade, fobia, depresión, obsesión, etc agás que sexa unha parella e un dos membros teña este problema pero presente síntomas leves, e estea baixo control tomando pouca medicación,
5. cegueira binocular, baixa visión binocular ou cegueira monocular sen prótese ocular.
6. perda de audición dos dous oídos, perda da capacidade de expresión verbal agás que o neno adoptado padeza a mesma situación ou que, nunha parella, un dos membros estea completamente san.
7. deformación facial severa, disfunción ou función deficiente das extremidades ou do madeiro causadas pola integridade física incompleta, parálise ou deformación.
8. enfermidades que requiren un tratamento longo como tumores malignos, lupus, nefrse, epilepsía, esclerose múltiple agás que, nunha parella, unha das persoas estea completamente san e a outra sufra alguna destas enfermidades, pero teña bo control mediante tratamento.
9. trasplante de órganos vitais hai menos de 10 anos agás, nunha parella, en que un deles estea totalmente san e o outro ainda que non cumprira 10 anos desde o trasplante, leve a cabo vida normal.
10. índice de masa corporal (IMC= peso kg/ cuadrado da altura m) maior ou igual que 40.
Os adoptantes deben ter tempo suficiente e capacidade de coidar ben os fillos. Se é familia monoparental, o número de fillos na familia menores de 18 debe ser menos de 3, e o mais pequeño deberá ter cumpridos os 6 anos.
As persoas que se ofrecen para a adopción non deberían ter ningún rexistro de sancións penais, senón ter bo carácter moral, comportarse de maneira correcta e respectar a disciplina e a legalidade, sin ningún dos seguintes antecedentes:
1. violencia doméstica, abuso sexual e abandono/ abuso de menores, aínda que non foran arrestados ou condeados.
2. ter historial de consumo e tenencia de drogas incluíndo opio, morfina, marihuana, heroína, cocaína, metanfetamina, etc
3. ter historial de abuso de alcohol, e non pasaran 10 anos desde a abstinencia.
Nos ofrecementos de adopción terase en conta se os adoptantes tiveron 3 (ou menos) antecedentes penais con infraccions de menor importancia e sin consecuencias graves, e pasasen 10 anos desde a súa corrección, ou ter 5 (ou menos) rexistros de infraccións da lei de tráfico sen consecuencias graves.
Os adoptantes deben ter recibido formación previa, para entender que a adopción pode proporcionar un bo fogar para os nenos orfos e discapacitados satisfacendo as necesidades dun desenvolvemento saudable. Os adoptantes deben estar preparados para os posibles riscos durante o proceso e as condicións da posible enfermidade do adoptado, o atraso no desenvolvemento, a inadaptación postadoptiva, etc.
Os requisitos de limitación de idade ou cálculo da idade, refírense á data de rexistro do expediente de solicitude no CCCWA.
O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en novembro de 2017, recorda que, para as adopcións que correspondan a unha notificación das autoridades chinesas autorizando a viaxe, expedida antes do 1 de xaneiro de 2015, os informes de seguimento deberán presentarse o 1º e 6º mes, e 1º, 2º, 3º e 5º ano, despois da inscrición da adopción.
Para as adopcións que correspondan a unha notificación das autoridades chinesas autorizando a viaxe a China expedida despois do 1 de xaneiro de 2015, os informes deberán presentarse aos 6 meses, e o 1º, 2º, 3º, 4º e 5º ano despois da inscrición da adopción.
Desde o 1 de xaneiro de 2015, os 3 últimos informes poden ser realizados pola familia, pero teñen que aportar a mesma información e documentación que se solicita para os anteriores. O OAAI deberá supervisar e asesorar a elaboración dos informes 4º a 6º.
Os informes de seguimento presentaranse ante o CCCWA a través do OAAI.
Poderá tramitar a súa adopción:
O CCCWA ten establecida unha vía especial para a adopción de menores con necesidades especiais, denominada "Pasaxe Verde". Este tipo de adopción soamente se tramita a través de ECAI.
Segundo comunicado do Consulado de España en Beijing, de xullo de 2010, existen 8.000 familias españolas en espera de asignación, debido á diminución do número de menores dispoñibles para adopción internacional.
O Convenio do 5 de outubro de 1961, suprimindo a esixencia de legalización dos documentos públicos estranxeiros, só está en vigor para as rexións de Hong Kong e Macao.
Segundo información do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, de xuño de 2014, actualmente o tempo de espera para a asignación está en 90 meses (7 anos e medio). Este tempo de espera previsiblemente seguirá aumentando progresivamente.
A Comisión Interautonómica de Directores Xerais de Infancia de 22 de decembro de 2014, acordou suspender a admisión de novas solicitudes de adopción para China salvo que sexa para menores con necesidades especiais, pola vía de "Pasaxe Verde"