Información sobre países de adopción

Xunta Galicia

CHILE CHILE

Tipo de adopción: Plena

Requisitos:

  • Estado civil: casado/a
  • Idade (Parella): 25, <60
  • Anos de convivencia: 2

Esíxense 2 ou máis anos de matrimonio (excepto en casos de infertilidade).

Valórase especialmente que as familias que se ofrecen para a adopción posúan os recursos e habilidades parentais necesarias e a súa preparación para a adopción.

Se unha das persoas que se ofrecen para a adopción fose ascendente por consanguinidade do neno no se esixirán os requisitos de idade e de diferencia de idade.

Características dos nenos:

  • Nenos menores de 18 anos que os seus pais non estean capacitados ou en condicións de facerse cargo responsablemente deles e que expresen a súa vontade de entregalos en adopción ante o xuíz competente ou que foran declarados susceptibles de adopción por resolución xudicial do tribunal competente.
  • Os nenos propostos para adopción internacional son: promedio de idade de 7 anos; grupos de irmáns; neno/as menores de 5 anos de idade con problemática de saúde física ou integrante dun grupo de irmáns; vítimas de graves vulneracións de dereitos; vítimas de abandono progresivo e prolongado tempo de institucionalización; con trastornos conductuais e socioafectivos (con ou sen tratamento farmacolóxico); con trastornos do apego; con antecedentes familiares como limitacións intelectuais, trastornos psiquiátricos ou de personalidade, consumo de drogas e/ou alcol, entre outros.
  • A diferenza de idade entre a persoa que se ofrece para a adopción e o adoptado debe ser de, polo menos, 20 anos.
  • O xuíz por resolución fundada, poderá rebaixar os límites de idade ou a diferencia de anos. A dita rebaixa non poderá exceder dos 5 anos.
  • Conservan a nacionalidade chilena.

Forma de tramitación:

Poderá tramitar a súa adopción:

  • A través do Ministerio de Asuntos Sociais e Axenda 2030 (Protocolo Público).
  • A través do Organizacións Acreditadas para Adopción Internacional(OAAI).

Documentación necesaria:

  • Solicitude de adopción.
  • Certificado de nacemento.
  • Certificado de matrimonio.
  • Certificado médico, de saúde física e mental.
  • Certificado de esterilidade, se é o caso, cando non se cumpran os 2 anos de matrimonio.
  • Antecedentes que acrediten a capacidade económica das persoas que se ofrecen para a adopción..
  • Certificado expedido polo cónsul chileno (de profesión ou honorario, se o houbera) no que conste que as persoas que se ofrecen para a adopción cumpren cos requisitios para adoptar segundo a lei do seu país de residencia ou, no seu defecto, outro instrumento idóneo que permita ao tribunal formarse esa convicción.
  • Certificado da autoridade de inmigración do país de residencia das persoas que se ofrecen para a adopción no que consten os requisitos que o menor adoptado debe cumprir para ingresar no mesmo.
  • Certificado autorizado polo organismo gobernamental competente do país de residencia das persoas que se ofrecen para a adopción (se o houbere, en caso contrario outro instrumento que permita formar a convicción do tribunal) no que conste a lexislación vixente en materia de adopción, sinalando especialmente os efectos que produce, a forma como opera o recoñecemento no país dunha sentencia de adopción outorgada en Chile e acerca da adquisición e perda da nacionalidade do futuro adoptado.
  • 3 cartas de honorabilidade das persoas que se ofrecen para a adopción, outorgadas por autoridades ou persoas relevantes da comunidade no seu país de residencia.
  • Fotografías recentes das persoas que se ofrecen para a adopción.
  • Informe social.
  • Informe psicolóxico.
  • Certificado de idoneidade.
  • Certificado de penais.
  • Certificado negativo de delitos sexuais.
  • Todos os documentos deberán estar apostilados e autenticados.
  • A maiores, deberá aportarse a documentación esixida en Galicia.

Organismo público competente:

Servizo Nacional de Menores - SENAME.

Embaixada en España:

Embajada de Chile en España
Lagasca, 88, 6º - 28001 Madrid
Teléfono: 914319160 / 914319229     Fax: 915775560

Estancia esixida no país:

  • Tempo promedio: 6 semanas.

Informes de seguimento:

  • 1 informe semestral durante 2 anos posterior a la sentencia de adopción.
  • A partir do 2º ano, 1 informe anual ata os 4 anos

Lexislación:

  • Convenio relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional, feito na Haia o 29 de maio de 1993.
  • Lei nº 19.620 de 26 de xullo de 1999 sobre adopción de menores (publicada o 05/08/1999), modificada pola Lei nº 19.658, de 20 de decembro de 1999 (última modificación: Lei 20203 de 03/08/2007).
  • Reglamento da Lei nº 19.620, de 18 de novembro de 1999, Decreto 944, publicado o 18 de marzo do 2000.

Data de actualización:

A información do país foi actualizada o 20/07/2017.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a