Información sobre países de adopción

Xunta Galicia

ALBANIA ALBANIA

Tipo de adopción: Plena

Requisitos:

  • Estado civil: casado/a, solteiro/a, divorciado/a, viúvo/a
  • Idade (Solteiro e parella): 25

Solo poden adoptar de maneira conxunta as persoas casadas.
Poden adoptar mulleres soas.
Non se admiten parellas do mesmo sexo.

Características dos nenos:

  • Menores de 1-18 anos para os que non exista ningunha familia en Albania que os poida adoptar, inscritos no Rexistro do Comité Albanés de Adopción durante polo menos 6 meses, de filiación descoñecida, orfos/as, declarados xudicialmente en abandono ou que os seus proxenitores consentiran a adopción.
  • O neno maior de 10 anos deberá ser consultado, e o maior de 12 anos deberá dar o seu consentimento á adopción.
  • A diferenza de idade entre a persoa que se ofrece para a adopción e o adoptado debe ser de, polo menos, 18 anos.
  • Os proxenitores poden revogar o consentimento dentro dos 3 meses seguintes á data no que foi outorgado.

Forma de tramitación:

Poderá tramitar a súa adopción:

  • A través do Ministerio de Asuntos Sociais e Axenda 2030 (Protocolo Público).
  • A través do Organizacións Acreditadas para Adopción Internacional(OAAI).

Documentación necesaria:

  • Certificado de nacemento das persoas que se ofrecen para a adopción e de calquera neno/a que conviva con eles.
  • Copia dos pasaportes.
  • Certificado de matrimonio, se é o caso.
  • Certificado de divorcio, se é o caso.
  • Certificado de defunción do cónxuxe, se é o caso.
  • Certificado médico das persoas que se ofrecen para a adopción, fillos e do resto dos membros da unidade familiar. Debe incluir probas de VIH, hepatite e tuberculose.
  • Certificado de penais, expedido menos de 2 meses antes.
  • Certificado negativo de delitos de natureza sexual.
  • Carta de motivación con datos da súa vida e declarando a intención final e irreversible de adoptar un neno albanés plenamente.
  • Certificado de idoneidade.
  • Informes psicosociais: razóns da adopción; historia psicolóxica das persoas que se ofrecen para a adopción; dinámica familiar; opinión dos outros membros da familia, especialmente a dos outros fillos de 10 ou mais anos; interese familiar na cultura e historia albanesa, incluíndo detalles sobre posibles conexións con ese país; relación das persoas que se ofrecen para a adopción cos seus parentes; e outra información relacionada (cultura, afeccións...)
  • Compromiso de seguimento.
  • Certificación do estado financeiro.
  • Certificación de emprego.
  • Fotos das persoas que se ofrecen para a adopción e do resto dos membros da familia.
  • Todos os documentos deben estar traducidos e apostilados.
  • A maiores, deberá aportarse a documentación esixida en Galicia.

Organismo público competente:

Comité Nacional de Adopcións (Albanian Adoption Committee)

Embaixada en España:

EMBAJADA DE ALBANIA EN ESPAÑA
María de Molina, 64-5ºB - 28006 MADRID
Teléfono: 915626985 / 915612118     Fax: 915613775

Estancia esixida no país:

  • Aproximadamente, a estancia mínima no país é de 14 días e a máxima de 90 días.

Informes de seguimento:

  • Durante 2 anos enviaranse informes periódicos cada 6 meses.

Lexislación:

  • Convenio relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional, feito na Haia o 29 de maio de 1993.
  • Convenio suprimindo a esixencia da legalización dos documentos públicos estranxeiros, feito na Haia o 5 de outubro de 1961.
  • Código de Familia (cap. VI), 2003
  • Lei nº 9062, de 08-05-2003, que modifica o Código de Familia en materia de adopción.
  • Lei 9695, de 19 de marzo de 2007 "Dos procedementos de adopción e o Comité Albanés de Adopción", modificada pola Lei 10.358, de data 16 de decembro de 2010.

Observacións:

En Galicia, no periodo 1998-2009 só se preasignou a un menor procedente de Albania. Nas estadísticas oficiais do Ministerio, no periodo 2011-2015, consta unha adopción procedente deste país, polo que se aconsella contactar co servizo de adopción para calquera información complementaria.

Data de actualización:

A información do país foi actualizada o 26/10/2018.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a