Condicións xerais para a tramitación de ofrecementos de adopción nun determinado país
Para iniciar a tramitación de ofrecementos de adopción cun país, a administración pública competente en materia de protección á infancia debe comprobar:
·Que a lexislación do país permite e regula a adopción.
·Que o país dispón dun organismo competente en materia de protección de menores que tramitará o ofrecemento.
·Que non existe no país unha situación de inseguridade xurídica grave na tramitación de adopcións. Para iso, a través do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, solicítase información de fontes oficiais e de organismos internacionais de protección á infancia. En caso de que a información non sexa clara en canto á seguridade na adopción, tómase a oportuna decisión de xeito coordinado entre as distintas comunidades autónomas e o Ministerio.
Neste sentido, a Lei 54/2007, do 28 de decembro, de Adopción Internacional, establece que non se tramitarán ofrecementos de adopción internacional nas seguintes circunstancias:
·Cando o país se atope en conflito bélico ou inmerso en desastre natural.
·Se non existe no país unha autoridade específica que controle e garanta a adopción.
·Cando no país non se dean as garantías axeitadas para a adopción e as prácticas e trámites para levala a cabo non respecten o interese do menor ou non cumpran os principios éticos e xurídicos internacionais.