As personas interesadas en adoptar deben asistir a unha sesión informativa na xefatura territorial que corresponda ao su domicilio. No caso de parellas ou matrimonios, é necesario que asistan as dúas persoas.
As sesións informativas son programadas de maneira periódica. A mencionada información é facilitada en grupo e previa solicitude.
Para solicitar a asistencia a unha sesión informativa, pode facerse a través deste Portal, no apartado de Sesións informativas.
Nestas sesións informativas (comúns para adopción nacional e internacional), os profesionais –psicólogos/as e traballadores/as sociais especializados/as– facilitan información xeral sobre a situación da infancia en desprotección, a adopción como última medida de protección á infancia, o procedemento de adopción, os trámites necesarios, requisitos, tempos de espera... e resólvense as dúbidas que poidan formularse.
A súa finalización, entrégase un certificado de asistencia (validez de 1 ano).
Tanto para adopción nacional como internacional é obrigatorio asistir a un curso formativo. No caso de parellas ou matrimonios é necesario que asistan os dous membros. O curso de formación realízase en Santiago de Compostela, en tres sesións, cunha duración de cuatro horas cada unha delas, durante tres semanas consecutivas, co obxecto dunha mellor asimilación dos contidos. Antes da realización do curso é imprescindible que as persoas que se ofrecen para a adopción asistan á sesión informativa na súa provincia de residencia.
Para inscribirse no curso de formación, hai que facelo a través deste Portal, no apartado Cursos de formación.
Nestes cursos, os profesionais –psicólogos/as e traballadores/as sociais– abordan cuestións relacionadas coa adopción como poden ser:
-características dos menores susceptibles de ser adoptados.
-motivacións para a adopción.
- chegada do neno, nena, adolescente á familia, e problemas que poden xurdir no período de adaptación.
-comunicación da condición adoptiva.
-identidad étnica e cultural.
É necesario destacar a importancia da formación previa á toma de decisión sobre o inicio do proceso adoptivo; as persoas inicialmente interesadas na adopción reciben formación para axudarlles a afrontar todo o proceso adoptivo desde unha posición máis realista, tendo en conta aspectos propios como as características do núcleo familiar, a idade e características dos menores adoptables, a problemática habitual do proceso pre- e post-adoptivo... de cara a que a toma de decisión final se realice meditada e conscientemente e o proceso culmine de xeito satisfactorio para a familia e o neno, nena ou adolescente.
Ao final do curso se entrega aos asistentes a documentación necesaria para iniciar o procedemento, e o certificado de asistencia (vixencia de 3 anos).