Os Organismos Acreditados de Adopción (OAA) son entidades sen ánimo de lucro inscritas no rexistro correspondente, que teñen como finalidade nos seus estatutos a protección dos menores. Dispoñen no territorio nacional dos medios materiais e equipos pluridisciplinares necesarios para o desenvolvemento das funcións encomendadas. Están dirixidas e administradas por persoas cualificadas pola súa integridade moral, pola súa formación e pola súa experiencia no ámbito da adopción internacional. Estes Organismos son acreditados pola Administración Xeral do Estado, previo informe da Entidade Pública en cuxo territorio teñan a sede. Para poder desenvolver a súa actividade deberán estar tamén autorizadas polo organismo competente do país onde vaian traballar.
Enténdese por intermediación en Adopción Internacional toda actividade que ten por obxecto poñer en contacto ou en relación ás persoas que se ofrecen para a adopción coas autoridades, organizacións e institucións do país de orixe ou residencia do menor que pode ser adoptado e prestar a asistencia suficiente para que esa adopción se poida levar a cabo.
As funcións que desempeñan son:
Os organismos acreditados designarán á persoa que actuará como o seu representante e das familias ante a autoridade do país de orixe do menor.
O seu control e seguimento respecto as actividades de intermediación que vaian desenvolver no país de orixe dos menores corresponde á Administración Xeral do Estado. O control, inspección e seguimento destes organismos con respecto ás actividades que vaian desenvolver no territorio de cada comunidade autónoma corresponderá á Entidade Pública competente en cada una delas, de acordo coa normativa autonómica aplicable.
En canto ao número de OAA por países, este pode vir delimitado polo propio país de orixe dos menores que considere oportuno establecer dita limitación ou ben a Administración Xeral do Estado, en colaboración coas Comunidades Autónomas, poderá establecer un número máximo de organismos acreditados para a intermediación nun país concreto, en función das necesidades de adopción internacional nese país, as adopcións constituídas ou outras cuestións sobre a previsión de posibilidades de adopción internacional no mesmo.
"Un xeito de facer Europa"