Como adquire eficacia en España a adopción internacional?
Por medio da súa inscrición no Rexistro Civil, que será solicitada:
No rexistro correspondente do Consulado, mentres adoptantes e adoptado permanezan no país no que se constituíu a adopción.
No Rexistro Central de Madrid, podendo realizarse a petición ante o Rexistro Civil correspondente ao domicilio do/s adoptante/s.
Que ocorre cando se trata dunha adopción simple?
Neste caso, non existe ruptura do vínculo coa familia biolóxica e non se transforma automaticamente na adopción plena española, senón que debe transformarse, para ser plena e que se poida inscribir no Rexistro Civil español, a través dun auto do Xuíz de Primeira Instancia do domicilio do/s adoptante/s.