Novas  >> NICARAGUA: novos requisitos para a adopción internacional

Novas

01/10/2012

NICARAGUA: novos requisitos para a adopción internacional

Tras a recente aprobación do segundo Libro do Código de Familia, que regula as adopcións en Nicaragua (e que derroga a Lei de adopción vixente ata o momento), introducíronse cambios significativos no proceso de adopción internacional, entre os que destacan:
-       Unicamente se permite a adopción por matrimonios (non permitíndose a adopción por matrimonios homosexuais).
-       Establécense diferentes procedementos para a adopción en función da idade da persoa menor a adoptar (segundo sexan menores ou maiores de 15 anos).
-       Fíxanse diferentes requisitos en función da nacionalidade das persoas adoptantes.
-       Créase a Procuradoría de Familia como órgano competente para constituír adopcións.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a