Novas >> MALÍ: suspéndese temporalmente o envío de novas solicitudes
Novas
05/09/2012
MALÍ: suspéndese temporalmente o envío de novas solicitudes
Debido á situación de inestabilidade, o non recoñecemento por parte de España do actual Goberno e a falta de seguridade xurídica en Malí, acordouse non remitir ao país novos expedientes de adopción (tendo ademais en conta o grande cantidade de expedientes que xa están no país) nin aceptar a presentación de novas solicitudes de adopción.
Os expedientes que se encontraban en Malí en xuño de 2012 si continuarán tramitándose (tanto os tramitados por vía publica como por ECAIs).
En breve analizarase a evolución da situación do país para decidir se manter ou modificar esta decisión.