Novas  >> VIETNAM: Reacreditación da ECAI ACI en Vietnam

Novas

29/08/2012

VIETNAM: Reacreditación da ECAI ACI en Vietnam

A ECAI "Asociación para el Cuidado de la Infancia-ACI" informou recentemente a Secretaría Xeral de Política Social que foi reacreditada por Vietnam ata o 28 de marzo de 2014 para tramitar expedientes de adopción internacional, como esixe a actual lexislación do país.

Non obstante, a devandita entidade ten pendentes de aprobar os custos derivados da aplicación da nova normativa. Unha vez que estes sexan aprobados pola Secretaría Xeral de Política Social poderá continuar a tramitación dos expedientes procedentes da nosa comunidade autónoma que están actualmente no país, pendentes de asignación.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a