Novas >> TERRITORIOS PALESTINOS: suspéndense as adopcións
Novas
26/07/2012
TERRITORIOS PALESTINOS: suspéndense as adopcións
A recente información facilitada polo Consulado de España en Xerusalén pon de manifesto as graves irregularidades nos procedementos de adopción. Por iso, a Comisión interautonómica de directores xerais de Infancia acordou suspender a tramitación de adopcións e devolver os 5 expedientes que están actualmente no Consulado de España e que non foron enviados ao Orfanato das Fillas da Caridade. Ningún destes expedientes procede da Comunidade Autónoma de Galicia.