Novas >> ROMANÍA: só poderán adoptar desde o estranxeiro familiares e persoas de cidadanía romanesa
Novas
19/06/2012
ROMANÍA: só poderán adoptar desde o estranxeiro familiares e persoas de cidadanía romanesa
A nova lexislación romanesa (Lei núm. 233/05.12.2011) introduce importantes modificacións no campo da adopción internacional. Así, a adopción dun/a neno/a con residencia habitual en Romanía por unha persoa residente no estranxeiro só será posible para os/as menores rexistrados nos arquivos de Ofician Rumana para Adopcións nos seguintes casos:
1. Adoptante ou un dos esposos da familia adoptiva sexa parente ata o 4º de parentesco do ou da menor adoptable.
2. Adoptante ou un dos esposos da familia adoptiva sexa cidadán/á romanés/a.
3. Adoptante sexa o cónxuxe dun dos pais biolóxicos do/da menor.
As autoridades romanesas demandan que as solicitudes se envíen a través das Autoridades Centrais de ambos os dous países e non a través de organismos autorizados.