Novas >> ETIOPÍA: autorización dos importes da compensación económica a percibir por ADDIS GALICIA na intermediación de expedientes de adopción e do novo modelo de contrato
Novas
29/05/2012
ETIOPÍA: autorización dos importes da compensación económica a percibir por ADDIS GALICIA na intermediación de expedientes de adopción e do novo modelo de contrato
Mediante a resolución do 24 de maio de 2012, a Secretaria Xeral de Política Social aprobou os novos importes que ADDIS GALICIA está autorizada a percibir das persoas solicitantes de adopción internacional pola intermediación con Etiopía.
O importe total da compensación económica que poderá percibir a devandita entidade ascende a un total de 10.739,81 €, segundo a seguinte distribución:
1. GASTOS INDIRECTOS: 8.203,81 €
En España: 3.722,92 €
a) Gastos de funcionamento:
1. Gastos de persoal: 2.530,81 €
2. Gastos de infraestrutura e equipamento: 385,00 €
3. Gastos de oficina, subministracións e outros: 238,62 €
4. Gastos de asesoría, bancarios, seguros e financeiros: 178,49 €
b) Formación e adaptación:390,00 €
No país de orixe da ou do menor: 4.480,89 €
1.Gastos de representante e outro persoal da ECAI no país de orixe da ou do menor: 1.204,44 €
2.Gastos de infraestrutura e equipamento da oficina da ECAI: 266,67 €
3.Gastos de oficina, subministracións e outros da oficina da ECAI: 1.435,56 €
4.Gastos de asesoría, bancarios, seguros e financeiros: 240,89 €
5.Achega a proxectos de axuda social e cooperación e de mantemento da acreditación no país: 1.333,33 €
2. GASTOS DIRECTOS: 2.536,00 €
En España:1.915,00 €
1.Xestión de documento: 40,00 €
2.Gastos de legalización e autenticación: 237,00 €
3.Gastos de tradución: 779,00 €
4.Gastos de mensaxaría e correos: 197,00 €
5.Taxas: 182,00 €
6.Seguimentos postadoptivos dos dous primeiros anos: elaboración de informes, tradución, legalización e envío: 480,00 €
No país de orixe da ou do menor: 621,00 €
1.Xestión de documentos:3,50 €
2.Gastos derivados do rexistro do expediente no país: 0 €
3.Gastos de legalización: 35,00 €
4.Gastos de tradución: 90,00 €
5.Intérpretes (polo traballo relacionado co proceso de adopción): 60,00 €
6.Mensaxaría e correos: 0 €
7.Taxas e gastos derivados da tramitación da adopción (xudiciais e administrativos): 175,00 €
8.Visados e pasaporte da ou do menor: 42,50 €
9.Gastos médicos obrigatorios: 65,00 €
10.Desprazamentos das persoas adoptadas no país de orixe relacionados directamente co proceso de adopción: 150,00 €
11.Axuda e manutención da ou do menor desde o momento que determine a lexislación do seu país de orixe ata a entrega da ou do menor ás persoas adoptantes: 0 €
Estes custos só serán aplicables aos contratos asinados con posterioridade á aprobación da devandita circular (24 de maio de 2012).
Así mesmo, mediante a devandita resolución, dáse conformidade ao contrato que regulará a intermediación de ADDIS GALICIA para a adopción internacional en Etiopía, conforme ao novo modelo unificado establecido pola Xunta de Galicia. Segundo o dito contrato, o pagamento fraccionarase da forma seguinte:
-Primeiro pagamento: á firma do contrato.
50% dos custos indirectos (4.101,90 €) e provisión de fondos de 1.435 € que corresponden aos custos directos previstos ata a realización do segundo pagamento. Total: 5.536,90 €.
-Segundo pagamento: antes do envío do expediente ao país.
25% dos custos indirectos (2.050,95 €) e provisión de fondos de 343,50 que corresponden aos custos directos previstos ata a realización do terceiro pagamento. Total: 2.394,45 €.
-Terceiro pagamento: aceptada a asignación. 25% dos custos indirectos (2.050,95 €) e provisión de fondos de 757,50 €, que corresponden aos custos directos previstos para finalizar a adopción e realizar os informes de seguimento dos dous primeiros anos tras a adopción (4 informes). Total: 2.808,45 €.