Novas  >> BURUNDI: autorización dos importes da compensación económica a percibir por ADDIS GALICIA na intermediación de expedientes de adopción e do novo modelo de contrato

Novas

28/05/2012

BURUNDI: autorización dos importes da compensación económica a percibir por ADDIS GALICIA na intermediación de expedientes de adopción e do novo modelo de contrato

Mediante a resolución de 24 de maio de 2012, a secretaria xeral de Política Social aprobou os novos importes que ADDIS GALICIA está autorizada a percibir das persoas solicitantes de adopción internacional pola intermediación con Burundi.
 
O importe total  da compensación económica que poderá percibir a dita entidade ascende a un total de 10.965,49 €, segundo a seguinte distribución:
 
1. GASTOS INDIRECTOS: 5.755,49 €
En España: 3.722,92 €
a) Gastos de funcionamento:
1. Gastos de persoal: 2.530,81 €
2. Gastos de infraestrutura e equipamento: 385,00 €
3. Gastos de oficina, subministracións e outros: 238,62 €
4. Gastos de asesoría, bancarios, seguros e financeiros: 178,49 €
b) Formación e adaptación: 390,00 €
 
No país de orixe da ou do menor: 2.032,57 €
1.    Gastos de representante e outro persoal da ECAI no país de orixe da ou do menor: 688,57 €
2.    Gastos de infraestrutura e equipamento da oficina da ECAI: 134,29 €
3.    Gastos de oficina, subministracións e outros da oficina da ECAI: 657,14 €
4.    Gastos de asesoría, bancarios, seguros e financeiros: 552,57 €
5.    Achega a proxectos de axuda social e cooperación e de mantemento da acreditación no país: 0 €
 
 
2. GASTOS DIRECTOS: 5.210,00 €
En España: 2.210,00 €
1.    Xestión de documento: 75,00 €
2.    Gastos de legalización e autenticación: 350,00 €
3.    Gastos de tradución: 850,00 €
4.    Gastos de mensaxaría e correos: 300,00 €
5.    Taxas: 60,00 €
6.    Seguimentos postadoptivos dos dous primeiros anos: elaboración de informes, tradución, legalización e envío: 575,00 €
 
No país de orixe da ou do menor:3.000,00 €
1.    Xestión de documentos: 0 €
2.    Gastos derivados do rexistro do expediente no país: 0 €
3.    Gastos de legalización: 0 €
4.    Gastos de tradución: 0 €
5.    Intérpretes (polo traballo relacionado co proceso de adopción): 0,00 €
6.    Mensaxaría e correos: 0 €
7.    Taxas e gastos derivados da tramitación da adopción (xudiciais e administrativos): 3.000,00 €
8.    Visados e pasaporte da ou do menor: 0 €
9.    Gastos médicos obrigatorios: 0,00 €
10.Desprazamentos das persoas adoptadas no país de orixe relacionados directamente co proceso de adopción: 0 €
11.Axuda e manutención da ou do menor desde o momento que determine a lexislación do seu país de orixe ata a entrega da ou do menor ás persoas adoptantes: 0 €
 
Estos custos só serán aplicables aos contratos asinados con posterioridade á aprobación da devandita circular (24 de maio de 2012).
 
Así mesmo, mediante a devandita resolución, dáse conformidade ao contrato que regulará a intermediación de ADDIS GALICIA para a adopción internacional en Burundi, conforme o novo modelo unificado establecido pola Xunta de Galicia. Segundo o dito contrato, o pago se fraccionará da forma seguinte:
-        1.º pagamento: á firma do contrato.
50% dos custos indirectos (2.877,75 €) e provisión de fondos de 1.635 € que corresponden aos custos directos previstos ata a realización do segundo pagamento. Total: 4.512,75€.
 
-        2.º pagamento: antes do envío do expediente ao país.
25% dos custos indirectos (
1.438,87 €) e provisión de fondos de 1.750 € que corresponde aos custos directos previstos ata a realización do terceiro pagamento. Total: 3.188,87€.

-        3.º pagamento: unha vez se acepte a asignación.
25% dos custos indirectos (
1.438,87 €) e provisión de fondos de 1.825 € que corresponden aos custos directos previstos para finalizar a adopción e aos informes de seguimento dos 2 primeiros anos tras a adopción (2 informes). Total: 3.263,87€.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a