Novas  >> FILIPINAS: tramitación de novos expedientes por protocolo público

Novas

17/12/2010

FILIPINAS: tramitación de novos expedientes por protocolo público

Conforme comunicación de 17 de decembro de 2010, do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, a Autoridade Central de Adopcións de Filipinas-Intercountry Adoption Board (ICAB) manifesta que se encontra nun proceso de reavaliación do número de expedientes que vai recibir tanto das ECAIs como das Autoridades Centrais estranxeiras, debido ao elevado número de solicitudes aprobadas e en espera, que alongou moito os tempos para as asignacións aos futuros pais adoptivos.
 
O ICAB non fixou unha cota de 50 expedientes por cada organismo ou Autoridade Central, tal e como en principio parecía deducirse do comunicado referido á ECAI ACI. O número que actualmente se está a estudar é inferior a este, xa que sen unha necesaria redución, non prevén ningún acurtamento dos prazos de espera.
 
Con respecto aos expedientes que poden ser enviados dende o Ministerio ("protocolo público"), o ICAB só aceptará os expedientes con Certificados de Idoneidade emitido ata o 30 de decembro de 2010. Os expedientes posteriores non serán aceptados ata que os solicitantes de adopción con expedientes enviados por protocolo público que están en lista de espera reciban as asignacións e o número de casos pendentes sexan atendidos.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a