Novas >> MALÍ: situación incerta das adopcións e recomendación de non viaxar ao país
Novas
28/05/2012
MALÍ: situación incerta das adopcións e recomendación de non viaxar ao país
A Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios suxeriu, nun escrito remitido ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que, á vista da situación política e de seguridade de Malí, se estude a suspensión temporal das adopcións nese país.
Conforme a devandita comunicación, os informes recibidos dende a embaixada de España en Bamako, a capital do país, fan dubidar seriamente de que existan as garantías suficientes para a adopción de menores procedentes de Malí. Ademais, solicita que se estude a situación en virtude da Lei 54/2007, de adopción internacional, que impide as adopcións nun país en conflito bélico.
A gravidade da situación de Malí constátase así mesmo na información que publica o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación na súa páxina web, na que cita: "Ante a incerta e fluída situación política e securitaria, segue vixente a recomendación de absterse totalmente de viaxar a este país nas presentes circunstancias. Así mesmo aconséllase aos españois, residentes ou de paso en Malí cuxa presenza non sexa indispensable, que saian provisionalmente do país".
Pode consultar a información completa do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación premendo no seguinte enlace: