Novas  >> REPÚBLICA CHECA: Menores adoptables internacionalmente

Novas

25/05/2012

REPÚBLICA CHECA: Menores adoptables internacionalmente

Os menores adoptables internacionalmente procedentes da República Checa, segundo información do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, de maio de 2012, son, a día de hoxe, unicamente menores con necesidades especiais.

A recente política levada a cabo pola República Checa apoia fortemente a permanencia dos e das menores no país, potenciando o acollemento destes e destas menores en familias nacionais.

Segundo comunicou a Autoridade Central da República Checa, o número de solicitantes de adopción de menores checos está a aumentar; se este número segue crecendo existiría unha desproporción entre o número de menores adoptables e o de solicitantes, o que podería incrementar o tempo de espera (2 anos de media) e faría que nalgúns casos non se alcance a asignación. Por iso, a Autoridade Central Checa aconsella ter este aspecto en conta á hora de enviar novos expedientes.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a