Novas  >> Realización dos seguimentos de adopción internacional

Novas

14/05/2012

Realización dos seguimentos de adopción internacional

A Secretaría Xeral de Política Social acaba de elaborar unha nova instrución sobre os seguimentos das adopcións internacionais de 9 de maio de 2012, que establece quen será o encargado de realizar os seguimentos de adopción internacional esixidos polos países de orixe.
 
Así, os seguimentos serán realizados:
  • Pola ECAI que tramitou o expediente.
  • Polo Equipo Técnico da correspondente xefatura territorial cando:
-      As persoas adoptantes tramitaran o expediente por protocolo público. Neste caso, as persoas adoptantes ocuparanse da tradución do informe e a Secretaría Xeral de Política Social enviarao aos organismos que proceda.
-     As persoas adoptantes tramitaran o expediente a través dunha ECAI doutra comunidade autónoma. Nestas situacións, o ETM deberá remitir o informe de seguimento á Secretaría Xeral de Política Social, que o enviará á Entidade Colaboradora de Adopción Internacional para a súa tradución e envío.
-      As persoas adoptantes adoptaran outra/o menor e estean a realizar os seguimentos postadoptivos desta/e coa xefatura territorial.
En casos diferentes aos expostos, se o Equipo Técnico do Menor ou as propias familias considerasen que existen razóns debidamente xustificadas polas que o seguimento non debería ser realizado pola ECAI que tramitou o expediente, poden solicitar ao Servizo de Protección de Menores que as valore e, se fora o caso, autorice expresamente a súa realización polo ETM.
 
En todo caso, cando o expediente de adopción fora tramitado a través dunha ECAI, a tradución e envío do expediente ao país de orixe da/do menor adoptada/o sempre corresponderá a esta.
 
Para a realización dos seguimentos deberán realizarse unha ou varias entrevistas en presencia da/do menor adoptada/o e as persoas adoptantes deberán facilitar no tempo previsto a información, documentación e entrevistas que o Equipo Técnico ou a ECAI autorizada precisen.
 
Os seguimientos que, no momento actual, estean a ser realizados polos Equipos Técnicos do Menor non se verán afectados por esta instrución e se continuarán facendo como ata a data.
 
Porén, todos os seguimientos que se inicien con posterioridade á aprobación desta instrución seguirán o procedemento que nela se recolle.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a