Novas  >> Novo contrato de intermediación en adopción internacional para a Comunidade Autónoma de Galicia

Novas

17/04/2012

Novo contrato de intermediación en adopción internacional para a Comunidade Autónoma de Galicia

No día de hoxe saíu publicada no Diario Oficial de Galicia a Orde do 21 de marzo de 2012 pola que se establece o modelo oficial de contrato de intermediación en adopción internacional para a Comunidade Autónoma de Galicia.
 
O seu obxecto é establecer as maiores garantías nos procesos de adopción internacional e dar cumprimento ao mandato da Lei 54/2007, de adopción internacional, establecendo un contrato tipo para todas as Entidades Colaboradoras de Adopción Internacional de Galicia.
 
Este modelo de contrato, ademais de incluír con detalle todos os dereitos e obrigas das entidades e das persoas solicitantes, contén, no seu anexo, unha relación polo miúdo de todos os custos da tramitación. Deste xeito, téntase evitar calquera tipo de irregularidade no cobro de cantidades indebidas, así como lograr a máxima transparencia e seguridade nos procedementos de adopción.
 
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a