Novas >> VIETNAM: Reacreditación de Adecop e aprobación de custos derivados da nova normativa para tramitar os expedientes pendentes
Novas
13/04/2012
VIETNAM: Reacreditación de Adecop e aprobación de custos derivados da nova normativa para tramitar os expedientes pendentes
A ECAI Adecop obtivo recentemente a reacreditación de Vietnam para tramitar expedientes de adopción internacional que esixe a nova lexislación do país. Así mesmo é, hoxe por hoxe, a única ECAI acreditada en Galicia que ten aprobados pola Secretaría Xeral de Política Social os custos para tramitar os expedientes remitidos a Vietnam pendentes de asignación, derivados da aplicación da nova normativa. As outras ECAIs que traballan na nosa Comunidade Autónoma (ACI e Interadop) aínda están pendentes de obtela.
Para tramitar estes expedientes pendentes, Adecop poderá cobrar os custos oficiais establecidos no novo decreto vietnamita (artigos 40.2 e 47.1), segundo publicamos o pasado 07 de outubro de 2011:
- Honorarios de rexistro de adopción de cada menor: 9.000 dongs.
- Gastos de adopción por cada menor: 50.000.000 dongs.
Polo tanto, o total das taxas oficiais ascende a 59.000 dongs que, ao cambio actual, corresponderían a 2.160 euros.