Novas >> FILIPINAS: novos requisitos para as familias adoptantes
Novas
30/03/2012
FILIPINAS: novos requisitos para as familias adoptantes
A autoridade central filipina en materia de adopción, ICAB, remitiu unha copia da resolución 063-56, do 24 de febreiro de 2012 que, co obxecto de garantir as mellores condicións e coidados aos e as menores filipinos adoptables e establecer unha coherencia entre os criterios de adopción nacionais e internacionais, establécense os seguintes novos requisitos para as familias adoptantes:
Formación: posuír, polo menos, o título de ensino secundario.
Ingresos: ingresos anuais mínimos de 40.000 dólares.
Divorcios anteriores: aceptarase un máximo de 2 divorcios anteriores.
En relación ás familias monoparentais, só poderán optar á adopción de menores de entre 9-15 anos.
Estes requisitos aplicaranse a aquelas familias que non obtivesen o certificado de idoneidade e aprobación por parte do ICAB antes de marzo de 2012.