Novas  >> HUNGRÍA: nota aclaratoria do Ministerio respecto as e os menores adoptables en 2012:

Novas

26/03/2012

HUNGRÍA: nota aclaratoria do Ministerio respecto as e os menores adoptables en 2012:

En relación á noticia que publicamos neste Portal o pasado 3 de xaneiro de 2012, acerca das características das e os menores adoptables en Hungría durante 2012, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade remitiu unha nota aclaratoria informando dos e das menores adoptables durante este ano:
 
No caso de parellas, o país aceptará solicitudes de adopción para:
·          Nenos/as de 3-4 anos con algún trastorno.
·          Un/a menor ou 2 irmáns/ás sans/as de ata 6-7 anos.
·          Grupos de 3 irmáns/ás sans/as de ata 7 anos ou máis.
·          Nenos/as maiores de 10 anos.
 
En caso de monoparentais, só aceptará solicitudes para nenos/as de 10 anos ou máis.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a