Novas >> VIETNAM: nota aclaratoria sobre os informes de seguimento
Novas
21/03/2012
VIETNAM: nota aclaratoria sobre os informes de seguimento
Debido a diversas consultas que recibimos en relación aos seguimentos postadoptivos das e dos menores adoptados procedentes de Vietnam, tras a publicación da nova do pasado 12 de marzo, informamos ás familias adoptivas que cubrir o devandito modelo non exime da realización do seguimento polos profesionais responsables deste. Polo tanto, as familias deberán acudir á entrevista, achegar documentación, fotos... ademais de cubrir e asinar o modelo oficial esixido polo país.