Novas  >> VIETNAM: modelo de informe de seguimento postadoptivo para os pais

Novas

12/03/2012

VIETNAM: modelo de informe de seguimento postadoptivo para os pais

Segundo a información recibida do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, todas as familias adoptivas das e dos menores procedentes de Vietnam deben cubrir un modelo oficial de informe para realizar o seguimento da adopción (que achegamos ao pé desta nova).
 
A familia deberá encher 2 copias deste modelo oficial e achegar 6 fotos do/da menor en distintos ambientes (2 copias de cada). O documento deberase traducir ao vietnamita. Non necesitará legalizarse nin o documento orixinal nin a tradución.
 
Os profesionais responsables do seguimento certificarán o devandito modelo, en caso de consideralo conveniente ampliarán a información que nel figura e enviarano á embaixada de Vietnam en España e ao Departamento de Adopcións do país.
 
Recordamos que os seguimentos deben realizarse cada 6 meses durante os 3 anos posteriores á adopción do ou da menor.
 
Todo o anterior é aplicable tanto para as adopcións constituídas antes da entrada en vigor da nova lei de adopción de Vietnam coma para as constituídas con posterioridade.
 
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a