Novas  >> UCRAÍNA: cambios na lexislación

Novas

28/02/2012

UCRAÍNA: cambios na lexislación

Segundo comunicou a Embaixada de España en Kiev, o pasado 15 de novembro de 2011 entrou en vigor a Resolución do Gabinete de Ministros de Ucraína do 02 de novembro de 2011 n.º 1123 "Sobre introdución de cambios ao Regulamento de procedemento de adopción e control de que se cumpren os dereitos dos menores adoptados".

En virtude da devandita resolución, o procedemento de adopción non se modificou, se ben se introducen lixeiras modificacións no contido do expediente de adopción (na ficha do país da sección Adopción Internacional-Países de Adopción pode consultar a información actualizada).
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a