Novas  >> CHINA: actualización das taxas de adopción

Novas

16/02/2012

CHINA: actualización das taxas de adopción

O Centro Chinés de Benestar Infantil comunicou ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade as novas taxas polos servizos de adopción, que entrarán en vigor o 1 de marzo de 2012:
 
Taxas polo manexo e valoración do expediente:
Por este concepto, o Centro Chinés de Benestar Infantil e Adopción (CCCWA) cobrará 800 dólares (increméntase en 50 dólares en relación ás taxas anteriores). No caso de menores con necesidades especiais (Vía Verde), estas taxas serán de 500 dólares.
 
Taxas pola tradución do expediente e/ou informes de seguimento:
As novas taxas do Bridge of Love Adoption Service (BLAS) son de 350 dólares pola tradución do expediente (increméntase en 50 dólares en relación ás taxas anteriores). No caso de menores con necesidades especiais (Vía Verde), son de 260 dólares.
 
Elimínase a posibilidade de traducir o expediente en España e que o BLAS o revise (polo que antes cobraban 100 dólares). Agora, traducirá directamente o BLAS, conforme ás ditas tarifas.
 
En relación á tradución dos informes de seguimento das e os menores adoptados, as taxas serán de 80 dólares pola tradución.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a