Novas  >> FILIPINAS: suspensión temporal de tramitación de novos expedientes por ACI

Novas

15/12/2010

FILIPINAS: suspensión temporal de tramitación de novos expedientes por ACI

Segundo escrito de data 12 de novembro, remitido polo Intercountry Adoption Board (ICAB) á ECAI "Asociación para o Coidado da Infancia" (ACI), o país decidiu suspender temporalmente o envío de novas solicitudaes de adopción por esta e outras entidades, debido ao gran número delas que teñen no país (ACI é, segundo o devandito escrito, a axencia que ten un maior número de solicitudes presentadas).
 
A devandita suspensión ten a súa orixe no incremento de familias solicitantes de adopción internacional no país e á non correspondencia destas co número de menores.
 
Polo tanto, aqueles interesados en tramitar a súa adopción en Filipinas que non teñan emitido o seu certificado de idoneidade antes do 30 de novembro, non poderán facelo a través de ACI.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a