Novas  >> UCRAÍNA: poden continuar enviándose expedientes ao país

Novas

26/10/2011

UCRAÍNA: poden continuar enviándose expedientes ao país

Recibiuse comunicación oficial do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, na que informa, tras consultar coa embaixada española en Kiev, que poden continuar enviándose expedientes de adopción a Ucraína.
 
Ata que o novo órgano central competente en materia de adopción, o Ministerio de Política Social, empece a cumprir coas súas competencias, o Departamento de Adopcións exercerá as funcións relacionadas coa adopción.
 
Recordamos que as persoas menores adoptables internacionalmente deste país teñen de ter, polo menos, os 5 anos cumpridos.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a