Novas  >> VIETNAM: información acerca da tramitación de expedientes de adopción e da nova lexislación

Novas

07/10/2011

VIETNAM: información acerca da tramitación de expedientes de adopción e da nova lexislación

Na última reunión de Directores Xerais de Infancia, celebrada o pasado 27 de setembro, acordouse iniciar a tramitación de novas solicitudes de adopción en Vietnam para menores con necesidades especiais (menores con discapacidade, enfermidades graves e/ou maiores de 5 anos). Non se aceptan novas solicitudes de adopción que non sexan para menores con necesidades especiais.
 
No prazo de 6 meses, analizarase novamente a situación do país para valorar a posibilidade de reapertura de toda clase de solicitudes.
 
Por outra parte, non se acreditarán polo momento desde España novas ECAIs para traballar en Vietnam, dado que o país estima que o número de entidades españolas actuais é adecuado, non formulándose a acreditación dun número maior.
 
En relación coa continuación dos expedientes pendentes, o novo decreto establece que as familias deberán facer fronte a 2 novas taxas: a taxa de rexistro (9.000.000 de dongs) e a taxa de asignación (50.000.000 de dongs); a suma de ambas as dúas taxas é de aproximadamente 3.000 €. Para a adopción de irmáns, a taxa de rexistro a partir do segundo menor redúcese nun 50%; ambas as dúas taxas elimínanse en caso de adopción de menores con necesidades especiais.
 
Non obstante, para que as ECAIs poidan cobrar estes conceptos, que non figuraban nos seus contratos, é preciso que a Secretaría Xeral de Familia e Benestar as autorice previamente.
 
A nova lexislación modifica, así mesmo, a periodicidade dos informes de seguimento, que deberán enviarse semestralmente durante 3 anos (coa lexislación anterior era preciso envialos ata que a persoa menor adoptada cumprise os 18 anos). Isto é aplicable tamén ás adopcións constituídas con anterioridade á entrada en vigor da nova lei.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a