Novas  >> Entrada en vigor do Convenio europeo en materia de adopción

Novas

03/10/2011

Entrada en vigor do Convenio europeo en materia de adopción

O pasado día 1 de setembro entrou en vigor en España o Convenio Europeo en materia de adopción de menores (revisado), feito en Estrasburgo o 27 de novembro de 2008.

Este convenio introduce un cambio importante nos procedementos de adopción, ampliando a 6 semanas o prazo para o consentimento da nai á adopción tras o parto. Así se establece no artigo 5.5:
"O consentimento da nai para a adopción do seu fillo só será válido cando se preste despois do nacemento deste, ao expirar o prazo prescrito pola lei, que non deberá ser inferior a seis semanas, ou cando non se especificase un prazo, no momento en que, segundo a autoridade competente, a nai tería podido restablecerse axeitadamente das consecuencias do alumeamento,".

Acceder ao texto completo do Convenio.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a