Novas  >> VIETNAM: suspensión do envío de novos expedientes de adopción

Novas

20/07/2010

VIETNAM: suspensión do envío de novos expedientes de adopción

O pasado día 20 de xullo, tomouse a decisión de suspender provisionalmente, por un prazo de seis meses, a tramitación de novos expedientes de adopción internacional en Vietnam, só tramitándose aqueles expedientes que tiveran emitido o certificado de idoneidade antes de 1 de agosto.
 
O motivo desta suspensión é a detección de diversos problemas na adopción con este país, entre os que se ecuentran: a adoptabilidad dos menores, competencia dos Comités Populares e do Departamento de Adopción-DAI, os custos, a curta idade dos menores asignados, a cerimonia de entrega...
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a