Novas  >> FILIPINAS: mantense a moratoria para o envío de novos expedientes pola ECAI ACI

Novas

16/09/2011

FILIPINAS: mantense a moratoria para o envío de novos expedientes pola ECAI ACI

Recibiuse desde o ICAB de Filipinas, autoridade central en materia de adopción, comunicación en relación á moratoria para o envío de novos expedientes, efectiva desde o 1 de xaneiro de 2011.
 
Na devandita comunicación informa que a ECAI ACI- "Asociación para o Coidado da Infancia", no período comprendido entre xaneiro de 2008 e xullo de 2011, enviou un total de 536 expedientes de solicitude de adopción. Debido ao elevado número de expedientes aprobados pendentes de asignación e o limitado número de nenos destinados á adopción internacional, o ICAB non pode aceptar novos expedientes enviados por ACI.
 
No momento que levanten a moratoria mencionada informarase debidamente.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a