Novas  >> CHINA: novos requisitos para os seguimentos

Novas

14/09/2011

CHINA: novos requisitos para os seguimentos

Segundo comunicou o CCCWA, modificáronse os requisitos esixidos para os informes de seguimento das e os menores chineses adoptados. Así, amplíase de 2 a 6 o número de informes esixidos polo país. Estes informes serán elaborados 1 mes, 6 meses, 12 meses, 2 anos, 3 anos e 5 anos despois da adopción. Para as e os menores que rolden os 14 anos no momento de seren adoptados, estes informes deberán realizarse ata que o menor cumpra os 18 anos.
 
Estes novos requisitos son aplicables ás familias con Carta de Invitación expedida a partir do 1 de agosto de 2011.
 
Recórdase a obrigatoriedade de realizar os seguimentos nas datas establecidas xa que, no caso contrario, o país pode decidir o peche das adopcións, co conseguinte prexuízo para outras familias solicitantes.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a