Novas >> MÉXICO: menores susceptibles de ser adoptados internacionalmente
Novas
22/07/2011
MÉXICO: menores susceptibles de ser adoptados internacionalmente
O Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade informou de que, segundo comunicación do país, unicamente serán susceptibles para trámites de adopción, os expedientes para:
-Menores de 5 ou máis anos.
-Menores con minusvalidez física e/ou mental.
-Menores con algunha enfermidade cuxo tratamento sexa elevado dun custo.
-Grupos de irmáns.
Recórdase, así mesmo, que as Autoridades Centrais son cada un dos Sistemas Estatais para o Desenvolvemento Integral da Familia, de conformidade co disposto no Convenio da Haia non podendo, polo tanto, solicitarse a tramitación de adopcións internacionais en ningún Sistema Municipal. Achégase a relación de Autoridades Centrais de México.