Novas >> CHINA: información importante sobre a Vía Verde
Novas
21/07/2011
CHINA: información importante sobre a Vía Verde
Desexamos informar ás familias adoptantes dun problema que xorde na práctica coa Vía Verde: en ocasións, o ofrecemento que fan as familias ante a Administración acerca das enfermidades que están dispostas a aceptar non coincide co que manifestan ante a ECAI e que se fai constar no expediente que esta remite a China.
Isto provoca que cando chega unha asignación que non coincide coa idoneidade, inmediatamente sexa rexeitada pola entidade pública e devolta ao país, que á súa vez pode denegar e devolver o expediente da familia por non considerar xustificada a súa non aceptación.
Para que esta situación non se produza, pregamos ás familias dean traslado á administración dos cuestionarios sobre saúde que cobren no ECAI.
Por outra parte, informar que a ECAI Piao tamén está autorizada por China para tramitar expedientes de vía verde das familias monoparentais.