Novas  >> CHINA: A Vía Verde e os seguimentos son as prioridades

Novas

21/07/2011

CHINA: A Vía Verde e os seguimentos son as prioridades

Actualmente, as prioridades de China son os menores con necesidades especiais (vía verde) e o seguimento das adopcións constituídas, así como o rexeitamento de asignacións.
 
Informar, así mesmo, que o Centro Chinés de Adopcións cambiou de nome, pasando a denominarse Centro Chinés de Benestar Infantil e Adopción (CCCWA), e se uniu co BLAS. Tamén variou o número de informes de seguimento que se esixirán, ampliándose de 2 a 6 para aquelas as familias cuxa Carta de Invitación sexa expedida a partir do 1 de agosto do 2011.
 
Respecto á Vía Verde, o Director do CCCWA comprometeuse a mandar oficialmente as características reais/perfís dos menores con necesidades especiais para poder informar ás familias que quizais puidesen elixir esa vía en lugar da ordinaria ou ben efectuar un traslado de expediente. Aínda que o normal ata hai pouco era que houbese moitos menores con enfermidades recuperables ou leves, cada vez máis son enfermidades graves ou non recuperables.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a