Novas >> KAZAKHSTÁN: autorízase aos solicitantes de adopción a tramitar un segundo expediente noutro país
Novas
20/07/2011
KAZAKHSTÁN: autorízase aos solicitantes de adopción a tramitar un segundo expediente noutro país
Atendendo á situación das adopcións en Kazajstán, onde se paralizou a tramitación dos expedientes das persoas solicitantes de adopción que non tivesen aceptada a proposta dunha nena ou neno concreto antes de decembro de 2010, a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, emitiu unha resolución, de data 18 de xullo de 2011, na que:
Autorízase ás familias declaradas idóneas para adoptar en Kazakhstán á tramitación dun segundo expediente nun país distinto.
Estas familias deberán comunicar á xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente ao seu domicilio, se inician a tramitación simultánea noutro país, indicando a que país se queren dirixir, no prazo de 1 mes, a contar desde o día seguinte en que reciban no seu domicilio a notificación desta resolución.
Se transcorrido este prazo, as familias solicitantes non efectúan a devandita comunicación, o seu expediente continuará tramitándose exclusivamente en Kazajstán.
Aquelas familias que opten por abrir un segundo expediente noutro país, cando reciban unha asignación de menor por calquera das autoridades dos 2 países, deberán renunciar ao expediente aberto sen asignación, desistindo del no prazo de 10 días desde que se lle comunique pola xefatura territorial a devandita asignación. Se transcorrese este prazo sen que manifiestasen a súa decisión, se entenderá que optan por continuar a tramitación do expediente con asignación.