Novas  >> UCRAÍNA: cambios lexislativos e novo organismo competente en adopcións

Novas

19/07/2011

UCRAÍNA: cambios lexislativos e novo organismo competente en adopcións

O novo Decreto nº7332, do 19 de maio de 2011, realiza diversas emendas ao capítulo sobre adopcións do Código de Familia de Ucraína, entre as que destacan as seguintes:
  • Os nenos e nenas adoptables internacionalmente deberán ser maiores de 5 anos, agás se teñen algunha enfermidade especial, na adopción de irmáns/ás (se se adoptan todos os irmáns e irmás na mesma familia e un/unha xa cumpriu os 5 anos ou se a familia xa adoptou anteriormente a un neno ou nena e quere adoptar ao seu irmán/á) ou se a persoa adoptante é da familia do neno ou nena.
  • Non poden adoptar, entre outras, aquelas persoas con determinadas enfermidades establecidas polo Ministerio de Sanidade de Ucraína.
  • O Centro Ucraíno de Adopcións desaparece e é substituído por un novo organismo, sendo a data establecida de peche, segundo o citado decreto, o 11 de xullo de 2011.
A embaixada de España en Kiev informou que, ata a creación e posta en funcionamento do novo órgano, o proceso de adopcións en Ucraína se verá interrompido. Por iso, solicita ás familias españolas que poidan verse afectadas por esta medida que contacten coa súa Sección Consular a través dos teléfonos 044 501 06 08 e 044 501 06 09 ou, preferentemente, o correo electrónico emb.kiev.cons@mae.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a