Acabamos de recibir comunicación do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, en relación á celebración do 15º aniversario do CCCWA.
Con motivo desta celebración, o devandito centro vai desenvolver unha serie de actividades, para o que solicita ás familias adoptantes en China a súa participación e envío de material relativo á historia e experiencias coas súas fillas e fillos.
Se ben na devandita comunicación indican como data límite de recepción da documentación o 10 de xullo (xa pasada), agradécena tamén despois desta data.
Achegamos o comunicado oficial do CCCWA (en inglés) e unha tradución non oficial realizada polo propio Ministerio.