Novas >> PANAMÁ: Tramitación dos expedientes de adopción
Novas
20/07/2010
PANAMÁ: Tramitación dos expedientes de adopción
Respecto á petición formulada pola autoridade central de Panamá, en relación á tramitación de expedientes de adopción nese país, solicitando que se reconsidere a posibilidade de tramitar os devanditos expedientes non só a través de ECAIs, senón tamén a través das autoridades centrais de ambos os dous países (protocolo público), a Comisión Interautonómica de Directores Xerais de Infancia, reunida o pasado 20 de xullo de 2010, acordou manter como única vía a tramitación mediante Entidades Colaboradoras de Adopción Internacional (ECAIs).
Segundo a información dispoñible sobre a tramitación en Panamá, avogados particulares interveñen dende que chega o expediente ao país, non quedando claras as súas funcións na fase administrativa, a pesar de que Panamá é un país que forma parte do Convenio da Haia, de protección e cooperación en materia de adopción internacional.