Novas  >> Nepal: AVISO de cuestionario fraudulento

Novas

13/07/2011

Nepal: AVISO de cuestionario fraudulento

O Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade comunicou da existencia dun cuestionario que, desde Nepal, envía o Sr. Shruti Pandey directamente ás familias que adoptaron en Nepal.
 
Segundo comunicaron as autoridades centrais nepalíes:
-          O Ministerio da Muller, Infancia e Benestar Social de Nepal non está a realizar ningún estudo relacionado o devandito cuestionario.
-          O Sr. Shruti non está relacionado co Ministerio.
-          É unha fraude que o Ministerio está a investigar.
 
Por iso, o Subsecretario do Ministerio da Muller, Infancia e Benestar Social de Nepal aconsella a todas as familias e axencias que non respondan ao cuestionario.
 
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a