Novas >> INDIA: información acerca da nova lexislación
Novas
27/06/2011
INDIA: información acerca da nova lexislación
Segundo información do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, en relación ao cambio lexislativo en materia de adopción en India, a embaixada de España informou que, na reunión consular da Unión Europea, a opinión maioritaria foi a de que a regulación antiga e a nova (Guardians and Wards Act e Juvenile Justice Act) convivirán durante un longo período de tempo, se ben a tendencia é a de que se impoña nos tribunais a aplicación da nova.
Tamén se espera que as directrices do CARA (que previsiblemente tardará bastante tempo en aprobarse) establezan a preponderancia da nova regulación, na que se nomea aos pais como adoptivos e non como titores.