Novas >> COLOMBIA: información acerca dos casos de adopción noutro país ou nacemento de fillos
Novas
29/04/2011
COLOMBIA: información acerca dos casos de adopción noutro país ou nacemento de fillos
A raíz dunha consulta efectuada polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade sobre os casos de adopción noutro país ou o nacemento de fillos cando o expediente de solicitude de adopción internacional xa se encontra en lista de espera en Colombia, o Instituto Colombiano de Benestar Familiar-ICBF comunicou que "as familias que adopten noutro país ou teñan un fillo biolóxico serán desistidas do proceso de adopción. Se desexan adiantar novamente o seu trámite ante o ICBF radicarase novamente a documentación e asignaráselles outro código".