Novas >> CHINA: o país admite solicitudes de monoparentais a través do Pasaxe Verde
Novas
25/03/2011
CHINA: o país admite solicitudes de monoparentais a través do Pasaxe Verde
A partir do 15 de marzo de 2011 o Centro Chinés (que a partir desta data pasou a chamarse "China Centre for Children's Welfare and Adoption" - CCCWA) decidiu aceptar solicitudes de adopción de solicitantes solteiras para adopción por Pasaxe Verde (nenos de necesidades especiais), tanto por traslado -solicitantes que xa teñen o seu expediente en China- como novas solicitudes.
Aquelas persoas interesadas en tramitar o seu expediente por esta vía, poderán facelo a través daquelas ECAIs que teñen autorización para traballar a Pasaxe Verde.
O CCCWA esixe, para aceptar estas solicitudes:
-Idade da solicitante entre 30 e 50 anos. Para as maiores de 50 anos, a diferenza de idade co menor a adoptar deberá ser inferior a 45 anos.
-Ter experiencia na crianza e o coidado de menores ou unha profesión relacionada coa infancia (médico, enfermeira, mestra, psicóloga infantil...), sendo preferible que tivesen experiencias exitosas na atención de nenos con necesidades especiais.
-Uns ingresos familiares anuais superiores aos $10.000 per cápita (incluíndo ao menor a adoptar) e o patrimonio neto familiar, os $100.000.
-Posuír un bo seguro médico que cubra os gastos médicos do menor.
-Presentar certificado de fe de vida, declaración de soltería e de non ser homosexual, declaración de conformidade dos titores e, no seu caso, certificado de divorcio ou defunción do cónxuxe.
-Que o número de nenos menores de 18 anos na familia non pode ser superior a 2, nin o máis pequeno ser menor de 6 anos.
-En caso de 2ª adopción, entre unha adopción e outra ha de pasar, polo menos, 1 ano.