Novas  >> ETIOPÍA: só se examinarán 5 expedientes de adopción internacional por día

Novas

11/03/2011

ETIOPÍA: só se examinarán 5 expedientes de adopción internacional por día

Conforme a nota informativa remitida polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, desde a embaixada de España en Etiopía informaron que dende o 1 de marzo, só se examinarán 5 expedientes de adopción internacional ao día.
 
Ata a data, a media de expedientes examinados diariamente era próxima aos 50. A razón desta diminución é que van priorizar outros temas, así como estudar en profundidade a calidade da adoptabilidad en cada un dos casos.
 
Esta información foi transmitida mediante unha carta remitida polo Ministro da Muller, Infancia e Xuventude (MOWA) ao Presidente da Corte Federal de Primera Instancia e ao Tribunal de Adopción. Conscientes da existencia de problemas na adopción internacional, consideran obrigado o exame detallado dos expedientes dos pais adoptivos antes de emitir opinións ante a corte da xurisdición competente, así como a verificación da autenticidade dos documentos. Unha investigación que é difícil levar a cabo examinando preto de 50 arquivos ao día; limitando o número de expedientes, lograrase unha maior precisión e existirá tempo para a investigación, en caso de considerarse necesaria.
 
Segundo sinala a embaixada, esta medida pode supoñer unha redución do 90% dos casos procesados diariamente, o que xerará unha sensible redución no número de adopcións, así como un aumento do prazo destas.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a