Novas  >> CABO VERDE: suspendido o envío de expedientes de adopción internacional

Novas

05/10/2010

CABO VERDE: suspendido o envío de expedientes de adopción internacional

O Ministerio de Sanidade, Política, Social e Igualdade, en nota informativa de data 5 de outubro de 2010, comunica que recibiu unha información procedente da embaixada española en Praia, capital de Cabo Verde, segundo a que, dende xullo de 2010, o Instituto Caboverdiano da Infancia e a Adopción (ICCA) deixou de ser a Autoridade Central en materia de adopcións no país, pasando todas as súas competencias ao Fiscal Xeral da República (FGR), dependente do Ministerio de Xustiza, que aínda non fixo asignacións nin reiniciou o proceso.

Segundo informa a embaixada, de momento non haberá ningunha asignación de menores caboverdianos ata que non se implemente o Convenio da Haia na lexislación do país, que entrou en vigor o 1 de xaneiro deste ano.

Polo tanto, queda suspendido o envío de novos expedientes ao país, tanto os novos coma aqueles que tivesen o Certificado de Idoneidade xa emitido (o pasado 20 de xullo, acordouse suspender provisionalmente a admisión de novas solicitudes de adopción, remitindo a Cabo Verde só os expedientes que nesta data tiveran xa emitido o Certificado de Idoneidade).
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a