Novas >> FILIPINAS: a moratoria afecta tanto á tramitación vía ECAI como por protocolo público
Novas
07/03/2011
FILIPINAS: a moratoria afecta tanto á tramitación vía ECAI como por protocolo público
Como consecuencia das medidas adoptadas polo ICAB de Filipinas para regular o número de novas solicitudes de adopción, o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade realizou varias consultas a dito organismos para verificar se esta moratoria afectaba tamén á tramitación por "vía pública", ao que obtivo unha contestación afirmativa.
Polo tanto, a autoridade central Filipina só admite solicitudes de adopción con certificado de idoneidade anterior ao 31 de xaneiro de 2011, o que afecta tanto ás solicitudes tramitadas por protocolo público coma ás tramitadas mediante ECAIs estranxeiras que enviasen anualmente 10 ou máis solicitudes entre 2008 e 2010.