Novas  >> Xornada “Os retos da postadopción e o acollemento familiar”

Novas

17/02/2011

Xornada “Os retos da postadopción e o acollemento familiar”

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Lugo organiza o vindeiro 26 de febreiro a xornada "Os retos da postadopción e o acollemento familiar", dirixida tanto ás persoas que adoptasen ou acollesen a un/unha menor, como a todos os solicitantes de adopción e acollemento familiar. Esta xornada terá lugar no Centro de Convivencia Maruja Mallo de Lugo (Rúa Primavera, 37 - entrada polo Carril dás Hortas) e é totalmente gratuíta, se ben require inscrición previa, chamando aos teléfonos 010 (chamadas desde a cidade de Lugo) ou 982 297 100 (chamadas desde fóra de Lugo).
 
 
 
 
 

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a